Buscar este blog

Bádminton. Instalacións e material,Regulamento, técnica e táctica.

 Neste novo artículo vou analizar tres aspectos do bádminton como son as instalacións e material, o regulamento e por último a técnica e a táctica. 

Instalacións e material de bádminton

Dentro do regulamento vou facer un esquema sobre os diferentes aspectos a ter en conta en canto o mesmo como son os seguintes:
  • Volante
  • Raqueta
  • Campo

Volante:

O volante pode estar feito de diferentes materiais ben sexan naturais ou sintéticos, pero ten que cumplir sempre as mesmas características.

Nesta imaxe podemos observar un volante natural. Como vemos está feito de pluma e na punta conta cun cacho de corcho recuberto con coiro.
Trátase dun volante máis profesional polo simple feito de estar feito con material natural e de mellor calidade.




Nesta imaxe podemos observar un volante feito con materiais sintéticos.

Neste caso está feito con plástico, aínda que a traxectoria do volante non é  tan boa como a dun feito con material natural é bastante bon para empezar a entrenar con principiantes. Cómpre destacar que tamén require de golpes máis potentes para movelo o que supón un riesgo de lesión.




Raqueta:


Existen unha gran cantidade de raquetas coas que poder xogar a bádminton pero as que verdadeiramente son permitidas para xogar partidos teñen que cumprir coas seguintes medidas.

A raqueta non pode exceder os 680mm de largo e os 230 mm de ancho.


En canto as partes que presenta a mesma, divídese en 5 partes as cales son:

Cabeza: Trátase da parte que rodea a área das cordas
Área das cordas: É a parte coa que o xogador golpea o volante e non pode exceder os 280mm
Garganta: Conecta o pao coa garganta
Pao: Conecta o mango coa cabeza
Mango: É a parte da raqueta a cal o xogador ou xogadora agarra a mesma.

Campo:

A continuación vou falar sobre o campo en bádminton, que dependendo se xogamos en individual ou dobles presenta diferentes medidas. Para poder ver estas medidas inserto unha imaxe na cal a cor verde pertence a unha pista con medidas para xogar individualmente, e a cor azul presenta as medidas para xogar en parella.


Regulamento

En canto ao regulamento voume centrar en explicar 4 aspectos diferentes que son o sorteo, tanteo, o cambio de lado e por último o saque ou servicio para comezar o xogo.

  1. Sorteo: Antes de comenzar o encontro, realizarase un sorteo onde o gañador poderá escoller se saca primeiro ou ben o lado da pista onde recibirá o saque do contrincante.
  2. Tanteo: Un partido de bádminton xógase ao mellor de tres xogos, a menos que esteñan empatados a 20 puntos onde gañará o xogador que teña unha diferencia de dous puntos respecto ao outro, ou esteñan empatados a 29 onde o gañador será o primeiro xogador que chegue aos 30 puntos. Cómpre destacar que gaña o primeiro que chegue aos 21 puntos. O lado que gañe un xogo sacará primeiro no comezo do seguinte.
  3. Cambio de lado: É obligatorio que os xogadores ou xogadoras realicen un cambio de lado cando remate o primeiro xogo, e o segundo se existira un terceiro. No terceiro tamén se realizará un cambio cando se chegue aos 11 puntos.
  4. Saque: Para realizar un saque correcto, tanto o que sirve coma o que recibe o saque teñen que estar diagonalmente opostos, sen ter contacto coas lineas que delimitan esa parte do campo. Cando se dispón a realizar o golpeo para o saque, o volante ten que estar por debaixo de 1,15 metros  desde a superficie do chan. Cómpre destacar que o servidor non pode realizar o saque sen que o receptor non esteña preparado.

Técnica

En canto a técnica dispoñome a falar sobre os diferentes golpes que atopamos no bádminton, os cales son os seguintes: 

Saque: No saque pódense realizar tanto un saque largo coma un saque corto.


Clear: Trátase dun golpe defensivo cunha traxectoria cara o final da pista do contrincante.


Smash: O smash é un golpe de ataque o cal ten a finalidade de facerlle un punto ao contrincante pola súa difícil traxectoria descendente e porque presenta unha velocidade de difícil defensa.

Drive: O drive trátase dun golpe ofensivo que ten unha traxectoria paralela a rede.


Lob: O lob trátase dun golpe defensivo que presenta unha traxectoria ascendente coa finalidade de caer verticalmente ao fondo da pista.
Dejadas: En cuanto a las dejadas podemos distinguir dos tipos que son la dejada alta y la dejada baja. Se trata de un golpe de ataque con la finalidad de que el contrincante no pueda llegar al volante para devolverlo.















Outro aspecto a ter en conta en canto a técnica é o agarre da raqueta xa que é moi importante agarrala de forma correcta para sacarlle o máximo rendemento a mesma. A continuación inserto diferentes imaxes de distintos golpes onde vemos un agarre de raqueta ideal.







Táctica

En canto a táctica vou tratar aspectos como por exemplo os tipos de xogo que podemos realizar cando nos atopamos nun partido.

En canto aos tipos de xogo vou facer referencia aos tres que considero máis importantes como son a teoría da distancia, a teoría das catro esquinas e por último a teoría da finta e do contrapé.

A teoría da distancia consiste en mandar o volante ao lugar máis alonxado da pista, sobre todo buscando as diagonais da mesma.

A teoría das catro esquinas onde conseguimos que o contrincante se teña que mover realizando desprazamentos largos e lle resulte complicado chegar a tempo.

Bibliografia:



 















No hay comentarios:

Publicar un comentario

La activación

 A día de hoy vamos hacer una pequeña reflexión sobre el término de la activación. Como su nombre indica la activación es un acto en el cual...