Buscar este blog

Tenis de mesa: Instalacións e material, regulamento, técnica e táctica

 Tenis de mesa 



O tenis de mesa é un deporte que naceu nun clube de tenis en Inglaterra no ano 1870 debido as fortes choivas que se producían no exterior. Tras este percance varios deportistas improvisaron no interior daquel clube empregando como raquetas tapas de madeira das caixas de tabaco e como pelota tapóns de corcho.

Neste novo artículo, dispóñome a analizar catro aspectos diferentes. Comezarei falando sobre as instalacións e material, deseguido tocará o regulamento e para finalizar a técnica e a táctica.

Instalacións e material:

En canto as instalacións do tenis de mesa, temos que ter en conta que se trata dun deporte que se realiza dentro de instalacións deportivas, onde en grandes clubes dese deporte adoitan ter unha gran cantidade de mesas colocadas unhas seguidas das outras para poder entrenar.



Sobre o material a utilizar neste deporte, vou falar das mesas, palas, pelotas e a vestimenta máis cómoda para practicalo.


Mesas:

En canto as mesas a utilizar como vemos na imaxe, trátase dunha superficie rectangular cunha lonxitude de 2,74 metros e cunha anchura dunhos 1,525 metros que se sitúa nun plano horizontal a 76 cm do chan.


Dentro das mesas temos que ter en conta a rede, esta sobresae da mesa unhos 15,25 cm que sería tamén a mesma distancia dende  a superficie da mesa ata a altura da rede.

Palas:

En canto as palas temos que ter en conta que poden ser de calquer tamaño, e forma pero sempre en cando a superficie da mesma sexa lisa ou ríxida xa que existen diferentes tipos de palas entre as que atopamos:
  • Pala lisa (imaxe 1)
  • Pala de picos (imaxe 2)


                   

Pelotas:

En canto as pelotas temos que destacar que existen varios tipos pero as que se utilizan para os partidos oficiais son aquelas que teñen tres estrelas como vemos na imaxe:
                 

Regulamento:

En canto ao regulamento falaremos sobre o saque, devolución, o xogo e o sistema de puntuación.

Saque: En canto ao saque temos que ter en conta que se realiza mediante un sorteo. Tras isto, o saque realizase coa palma da man completamente extendida lanzandose hacia arriba o máis verticalmente posible.

Outro aspecto a destacar é que en dobles tense que sacar obligatoriamente en diagonal mentres que en individuais podese sacar a calquer parte da mesa. En caso de que o saque toque na rede, terase que repetir pero solo unha vez por turno de saque.


Devolución: A  devolución consiste como o seu nome indica en devolver a pelota ao contrincante, a cal ten que tocar na mesa do contrincante.


Xogo: En canto ao xogo destacamos que se trata dun intercambio de puntos entre os participantes co obxectivo de realizar punto o antes posible.



Puntuación: En canto a puntuación temos que ter en conta que o partido disputase ao mellos de tres xogos,(en caso de empate continuarase xogando ao mellor de calquera número impar de xogos) realizando e dentro destes xogos gana a perella que anota antes 11 puntos. En caso de empate o partido ganarase por unha diferencia de 2 puntos.


Técnica:

Sobre a técnica vou destacar os principais golpes que se realizan no tenis de mesa entre os que destacamos o golpe de dereita ou de revés, topspin e o cortado.

Golpe de dereita/revés:

Ben sexa de dereita ou de revés este é o golpe básico do tenis de mesa. Este golpe realizase coa pa plana e golpeamos a pelota co mismo lado co que suxetamos a pa.



  



Topspin:

Para  realizar este golpe o xogador realiza realiza un movemento dende abaixo cara arriba de forma rápida e potente. Tras realizalo a pelota sae xirando con gran velocidade o que provoca que ao petar na pesa do contrincante salga cun bote bastante rápido.


Cortado:

O cortado trátase dun golpe defensivo o cal moitas veces se utiliza para parar o topspin pero tamén se realiza nos momentos iniciais do partido para facerlle dificil ao contrincante o emprego do topspin.




Táctica:

En canto aos aspectos tácticos que temos que ter en conta no tenis de mesa dende o meu punto de vista son os seguintes:

Executar os nosos mellores golpes da mellor forma posible.
Intentar contrarestar os golpes do contrario.
Coñecer ao rival tanto os puntos fortes como os que non o son.
Non desanimarse xa que en moitos casos se non consigues facer punto desanimaste e perdes a concentración no xogo.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario

La activación

 A día de hoy vamos hacer una pequeña reflexión sobre el término de la activación. Como su nombre indica la activación es un acto en el cual...