Buscar este blog

miércoles, 10 de mayo de 2023

Unha viaxe en bus para o recordo

Hoxe subinme no bus dos recordos, un bus que dende principio de curso lévanos nunha viaxe aos meus compañeiros e a min, sí, ese bus que dende principio de curso nos leva acompañando nesta etapa de 9 meses de formación profesional onde tivemos subidas que se nos fixeron un pouco largas, pero tamén tivemos baixadas que disfrutamos coma .... bueno, son incomparables.

O bus saíu dende lugo o 12/9/22, e como cada vez que entras nun, os que xa están dentro mandanche unha ollada de arriba a abaixo. Cómpre destacar que ía casi cheo, pero como case todos sabemos, cando queda algún sitio libre imos de cabeza sentarnos. Pouco duraría ese asento libre xa que na seguinte parada o bus encheuse por completo. Lembro que ao principio o bus ía completamente en silencio, pero co paso do tempo xa se empezaron a oir as primeiras palabras e a formarse os primeiros grupiños e finalmente acabamos falando todos con todos.

Aínda non saíramos de lugo e íamos tan entretidos nese camiño, que de súpeto e sin esperalo ao conductor do bus sáltalle un aviso de que a roda dereita está pinchada, sí, chegou o primeiro exame. Quedamos todos sorprendidos pero paramos a pensar e dixemos "existen cousas peores", reparouse nun abrir e cerrar de ollos onde pasamos de estar dende o disgusto ata a alegría ao ver o resultado.

O bus seguía o seu camiño, un camiño tranquilo onde podíamos disfrutar da paisaxe Galega, e de paradas onde en moitos casos aproveitamos para xogar e aprender deportes que na vida vimos anteriormente pero non tardaría en chegar o seguinte problema, control da garda civil, o que significa outro exame. A diferencia do pinchazo da roda , a este control tíñamoslle menos medo pero aínda así algo de inseguridade por saber se subirían ao bus ou non. Ao final non subiron e completamos outro "problema" do mellor xeito posible. Fixose noite, e claro un dia tan completiño acabou esgotándonos por completo, quedando todos rendidos en cuestión de segundos.

Ao día seguinte todos espertamos de golpe xa que un dos compañeiros empezou a gritar ¡Está nevando! Dous pasos máis adiante un cartel que poñía Principado de Andorra, e estando en Andorra que menos que disfrutar dunha semana de neve cos compañeiros da viaxe. 



A semana acabouse axiña e emprendimos a nosa viaxe cara Galicia, durante o camiño aconteceu algunha que outra batalla como vimos anteriormente pero sempre diferente unha da outra e superándoas da mellor forma posible. A viaxe fíxose larga pero entramos en Galicia pola zona de Árbol, e como tíñamos gana de facer algo empezamos a mirar diferentes actividades que se podían facer pola zona. Saíron as primeiras actividades como ir a praia, unha ruta en bici, pero de súpeto un compañeiro dixo vamos facer o descenso do Miño que é unha das mellores zonas para facelo. E alí fomos a facer rafting polo Miño abaixo, unha experiencia que nunca olvidaremos e nos quedará para o recordo. Neste mismo intre atopámonos subindo no bus tras realizar o descenso do Miño, ese bus que nos leva acompañando toda a viaxe e do cal naide a estas alturas se quere baixar pero vai sendo o momento de facernos unha pregunta:



¿CAL SERÁ A SEGUINTE PARADA?


No hay comentarios:

Publicar un comentario

La activación

 A día de hoy vamos hacer una pequeña reflexión sobre el término de la activación. Como su nombre indica la activación es un acto en el cual...